luns, 6 de outubro de 2014

RECURSOS E PORTAIS EDUCATIVOS

Hola a todos e a todas;



Deixámosvos algúns recursos e portais educativos que poden ser do voso interese. Ademáis dos enlaces adxuntados para acceder á web, subimos outros enlaces do Dropbox coas nosas avaliacións persoais.

RECURSOS EDUCATIVOS


VEDOQUE

É unha web de recursos educativos.  Tamén é unha familia formada por Antonio Salinas e María Jesús Egea, el informático e ela mestra que xunto cos seus fillos, en idade escolar, foron construíndo esta magnífica web de aplicacións educativas para infantil e primaria e que de maneira desinteresada, o poñen ao servizo de toda a comunidade educativa, buscando novas formas de ensinar e defendendo o xogo como principio de aprendizaxe.
Son uns materiais de apoio para a aprendizaxe tanto para docentes como para familias empregando as TIC nos procesos de ensinanza e aprendizaxe.

RECURSOS PARA INFANTIL DE MARIFE LARA

Unha moi coidada selección de recursos onde se atoparán multitude de actividades para repasar, reforzar e ampliar os contidos do currículo. Están perfectamente etiquetados por trimestres e centros de interese o que facilita a súa búsqueda. Sen dúbida unha estupenda fonte de recursos que non debe faltar en ningunha aula de infantil.


LA CUEVA DEL TRAGAPALABRAS”

Aplicacion multimedia concebida como material de apoio e como recurso motivador á iniciación da lectoescritura en educación infantil. Reúne unha serie de xogos baseados na globalización comprensiva da aprendizaxe da lectoescritura e deseñado co fin de que o docente os poida incorporar a súa metodoloxía didáctica.


APRENDIZAXE DA LECTOESCRITURA

Enfocado a  aprendizaxe e reforzo do proceso lectoescritor destinado fundamentalmente a alumnos de 5 anos e do primeiro ciclo de primaria, así como a alumnos con necesidades educativas especiais. Pretende ademáis reforzar a motivación e o gusto por ler e escribir mentres reforza a capacidade de atención e percepción visual.


RECURSOS EDUCATIVOS DIGITALES

É unha aplicación web que propón unha viaxe polo mundo das TIC aplicadas á educación, onde os pais, profesores e alumnos que se embarquen, descubrirán enlaces a recursos educativos dixitais cos que enriquecer os coñecementos  adquiridos nas diferentes etapas do sistema educativo español. É un traballo interdisciplinar desenvolto entre mestres, informáticos e deseñadores Web.



PORTAIS EDUCATIVOS


AULA INFANTIL

Portal educativo especializado na educación infantil. Ofrece diversos recursos educativos e de información para docentes, pais e nenos, ao tempo que incentiva o emprego  das novas tecnoloxías no proceso formativo.







CHAVAL.ES

Portal de referencia creado a iniciativa  da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, respecto ao bo uso das TIC, Tecnoloxías da Información e a Comunicación. O obxetivo é formar e informar sobre as ventaxas e perigos que ofrece o panorama tecnolóxico.





EDUCAGUIA

Portal educativo que ofrece múltiples recursos estruturados en bloques. Conta con buscador propio e permite a consulta ao texto completo de diversos documentos.

EDUCAR EN IGUALDAD

Portal desenvolto pola “Fundación Mujeres”. Ofrece ao profesorado ferramentas e recursos pedagóxicos útiles relativos á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, especialmente enfocados a previr a violencia de xénero.


https://www.dropbox.com/s/wxrmjyeachncvoc/Educar%20en%20igualdad.pdf?dl=0

ESPACIO LOGOPEDICO

Iniciativa dun grupo de profesionais da logopedia e outras disciplinas relacionadas que pretende facilitar a búsqueda da información sobre os aspectos que interveñen nos trastornos da linguaxe e da fala. Ofrece acceso a artículos, foros, boletín propio e outros recursos de información.






RECURSOS EDUCATIVOS DA UVIGO


-Con este enlace podemos acceder á Biblioteca da Uvigo:

-Para acceder á Teledocencia da Uvigo, podemos facelo con este enlace:

-Para poder traducir un texto podemos acceder a este traductor:

-Para informarnos das innovacións que se dan na nosa sociedade, podemos premer este link:

-Para acceder ao noso expediente podemos entrar na Secretaría Virtual:

Ningún comentario:

Publicar un comentario