A continuación vos deixamos a nota que cremos que terían os nosos compañeiros polos seus blogs:
Para o grupo do blog "Correteando", decidimos porlle un 5 sobre 5, pois a súa exposición foi moi divertida, xa que ao comezar fixeron unha presentación aludindo a parte do seu blog no que se traballaba o inglés e despois nos puxeron un vídeo de Alphablocks. As diapositivas foron creativas e atractivas, e sempre con algún efecto de animación.
Para o grupo do blog "O recuncho dos soños" decidimos porlle un 5 sobre 5, pois pareceunos que a súa exposición estivo moi ben elaborada, foi divertida e mostráronnos dunha maneira clara o que tiñan no seu blog.
Para o blog "Un mundo mágico" decidimos porlle un 5 sobre 5.
O inicio da súa presentación foi moi boa, pois comezaron por ensinarnos un video no que nos mostraban todas as ilusións que tiñan no seu proxecto. E tamen encantounos a frase final que puxeron na súa presentación, que foi "El mejor medio para hacer buenos a los niños es hacerlos felices" de Oscar Wilde.
Para o blog de "Carioca" decidimos porlle un 5 sobre 5, pois a súa presentación foi moi completa, ensináronnos dunha maneira clara as actividades expostas no seu blog e pareceunos moi importante o tema da súa presentación, os animais.
Por último, gustaríanos darlle as grazas á nosa profesora de Novas Tecnoloxías por ter tanta paciencia sobretodo co noso grupo, pois aínda que nos saísen mal as cousas, ela animounos a seguir adiante.
martes, 9 de decembro de 2014
luns, 1 de decembro de 2014
Powerpoint Cativadas
Aquí vos deixamos un link do Powerpoint do noso blog, unha maneira de que poidades ver, dunha forma resumida, en qué se basa o noso blog.
luns, 24 de novembro de 2014
20 de novembro - Día Internacional dos cativos e cativas
Boas a todos e a todas!!
Como ben sabemos, o día 20 de novembro é o día internacional da infancia. Na nosa facultade decidimos festexalo dun xeito especial. Como pensamos que unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixamos o resultado final:
Deica logo :)
luns, 17 de novembro de 2014
WEBQUEST
Aquí vos deixamos unha ferramenta que forma parte dun proceso de aprendizaxe guiado. Parécenos interesante para fomentar nos nenos e nenas a autonomía persoal a través da búsqueda de información.
https://sites.google.com/site/visitamososmuinos/
https://sites.google.com/site/visitamososmuinos/
domingo, 9 de novembro de 2014
luns, 3 de novembro de 2014
ACTIVIDADES SOBRE A ELABORACIÓN DO PAN
Aquí vos deixamos unha serie de enlaces dunhas actividades relacionadas coa elaboración do pan. Nestas actividades atoparédevos co proceso da plantación, coa elaboración do pan, cos diferentes tipos de pan... e moitísimas máis actividades!!! Esperamos que vos gusten e que poidades aprender moito a partir delas.
- A primeira actividade que imos a levar a cabo vai ser un fantástico conto sobre "La Gallinita Roja!" Unha oportunidade de aprender a través da PDI.
- Na seguinte actividade tratade de colocar en orde o proceso de plantación do millo, rematando coa obtención da fariña. Esta actividade foi creada con Ardora.
- Aquí amosamos unha fermosa fotografía da actividade previamente realizada para úsalo coas TIC e crear un puzzle creado cun programa chamado JClic.
- Na seguinte actividade realizada coa PDI trataremos de vestir un espantallo coa roupa adecuada.
- Nesta actividade realízase unha sopa de letras na que hai que atopar os ingredientes cos que se elabora o pan. Esta actividade realizouse co programa EdiLim.
- Na seguinte actividade se ten que descubrir o ingrediente intruso co que non se pode elaborar o pan. Esta actividade foi creada co programa Ardora.
- Neste memory tense que unir cada carta coa súa similar, no que se representan diferentes tipos de pan entre outros tantos. Esta actividade foi creada con JClic.
- Nesta actividade hai que relacionar cada imaxe, no que se representan os diferentes tipos de pan, coa palabra que o identifica. Esta actividade foi creada co programa EdiLim
Valoración dos blogs
O deseño e presentación do blog é sinxelo, atractivo e fácil de visualizar. Fácil acceso ás entradas e etiquetas. A linguaxe é clara e sinxela e as imaxes atractivas. Contén unha lista de música que pode axudar á relaxación dos pequenos. O cursor preséntase co debuxo dunha man, o que fai que sexa divertida a súa utilización. Está adecuado á idade tanto dos nenos e adultos pola súa sinxela presentación.
Este blog presenta un deseño sinxelo, sen imaxes demasiado chamativas, o que facilita a navegación polo mesmo. Contén moitas imaxes que facilitan o entendemento do que está a dicir en cada entrada. A música que aparece nada máis abrir o blog, axuda a que o neno sinta maior atracción pola actividade. O cursor presenta a forma dunha bolboreta e a distribución fai sinxela a utilización do blog para todas as idades.
Neste blog parécenos adecuada a utilización dun fondo que presente as cores primarias. Quizáis a letra é un pouco pequena, pero a gran cantidade de imaxes fai atractiva a navegación por el. Contén vídeos e música. O cursor presenta a divertida pegada dun Dálmata. En xeral, a utilización do blog é fácil e os nenos poden pasalo ben traballando con el.
A primeira impresión do blog é que ten bastante texto, pero aínda así non supón un gran problema, pois a distribución das actividades, entradas e etiquetas están situadas de maneira que o acceso non é difícil. As cores non son demasiado chamativas, pero a vez contén poucas cores pastel, algo que consideramos moi importante.
xoves, 30 de outubro de 2014
MIGALLAS
E aquí seguimos compartindo con vos un recurso que nos parece moi axeitado para ampliar o noso proxecto relacionado coa elaboración do pan.
Trátase dun libro-disco titulado Pan de Millo do grupo MIGALLAS.
O videoclip que subimos explícanos moi claramente o proceso para poder papar unha boa peza de pan de millo.
Animámosvos a que miredes este e outros videoclips deste grupo xa que nos parecen fantásticos!
Saudiños:)
VIÑETAS RELACIONADAS COAS TIC
Hola de novo! :)
Aquí vos deixamos una serie de imaxes relacionadas coas TIC que non teñen desperdicio!!
Somos conscientes da importancia que estas teñen na nosa vida, pero tamén temos que ter en conta que o seu emprego ten que ser moderado, xa que hai que promover as relacións cos demáis de forma presencial, porque é moito máis enriquecedor.
Parécenos importante o uso das TIC na aula, pero sen esquecer os métodos tradicionais, polo que debemos complementalos e así acadar unha educación mellor. Para isto, é necesario que toda a comunidade educativa poña da súa parte.
Invitámosvos a que fagades a vosa propia reflexión!!
Un saúdo :)
REFELEXIÓN DOS RECURSOS E PORTAIS EDUCATIVOS
Despois de buscar cinco portais e cinco recursos educativos que aparecen na etiqueta RECURSOS EDUATIVOS, chegamos á coclusión de que pola rede podemos atopar diversos materiais didácticos útiles para empregar nun futuro como docentes.
Pese a isto hai que ter en conta que a búsqueda ten que ser rigurosa, xa que así como atopamos recursos de calidade, tamén hai outros que non cumpren os obxectivos requeridos.
luns, 6 de outubro de 2014
PROXECTO
Boas a todos e a todas!!!
Adxuntamos o enlace que contén o noso proxecto. Trata sobre a elaboración do pan, xa que consideramos moi importante que os nenos e as nenas coñezan a procedencia deste alimento tan común nas nosas vidas.
As diferentes actividades propostas acompañámolas de materiais complementarios feitos con diversos software: PDI, JCLIC, EDILIM e ARDORA. Deste xeito consideramos que a adquisición de coñecementos é moito máis lúdica, e polo tanto máis atractiva para os cativos e cativas. En definitiva bos recursos para toda a comunidade educativa.
RECURSOS E PORTAIS EDUCATIVOS
Hola a todos e a todas;
Deixámosvos algúns recursos e portais educativos que poden ser do voso interese. Ademáis dos enlaces adxuntados para acceder á web, subimos outros enlaces do Dropbox coas nosas avaliacións persoais.
RECURSOS EDUCATIVOS
VEDOQUE
É unha web de recursos educativos. Tamén é unha familia formada por Antonio
Salinas e María Jesús Egea, el informático e ela mestra que
xunto cos seus fillos, en idade escolar, foron construíndo esta magnífica web de
aplicacións educativas para infantil e primaria e que de maneira desinteresada,
o poñen ao servizo de toda a comunidade educativa, buscando novas formas de ensinar
e defendendo o xogo como principio de aprendizaxe.
Son uns materiais de apoio para a aprendizaxe tanto para docentes como para
familias empregando as TIC nos procesos de ensinanza e aprendizaxe.
RECURSOS PARA INFANTIL DE MARIFE LARA
Unha moi coidada selección de recursos onde se
atoparán multitude de actividades para repasar, reforzar e ampliar os contidos
do currículo. Están perfectamente etiquetados por trimestres e centros de
interese o que facilita a súa búsqueda. Sen dúbida unha estupenda fonte de
recursos que non debe faltar en ningunha aula de infantil.
“LA CUEVA DEL TRAGAPALABRAS”
Aplicacion multimedia concebida como material de apoio e como recurso motivador á iniciación da
lectoescritura en educación infantil. Reúne unha serie de xogos baseados na
globalización comprensiva da aprendizaxe da lectoescritura e deseñado co fin de
que o docente os poida incorporar a súa metodoloxía didáctica.
APRENDIZAXE DA LECTOESCRITURA
Enfocado a aprendizaxe e reforzo do proceso lectoescritor destinado fundamentalmente
a alumnos de 5 anos e do primeiro ciclo de primaria, así como a alumnos con necesidades
educativas especiais. Pretende ademáis reforzar a motivación e o gusto por ler
e escribir mentres reforza a capacidade de atención e percepción
visual.
RECURSOS EDUCATIVOS DIGITALES
É unha aplicación web que
propón unha viaxe polo mundo das TIC aplicadas á educación, onde os pais,
profesores e alumnos que se embarquen, descubrirán enlaces a recursos
educativos dixitais cos que enriquecer os coñecementos adquiridos nas diferentes etapas do sistema
educativo español. É un traballo interdisciplinar desenvolto entre mestres,
informáticos e deseñadores Web.
PORTAIS EDUCATIVOS
AULA INFANTIL
Portal educativo
especializado na educación infantil. Ofrece diversos recursos educativos e de información
para docentes, pais e nenos, ao tempo que incentiva o emprego das novas tecnoloxías no proceso formativo.
CHAVAL.ES
Portal de referencia
creado a iniciativa da Secretaría de
Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, respecto ao bo uso
das TIC, Tecnoloxías da Información e a Comunicación. O obxetivo é formar e
informar sobre as ventaxas e perigos que ofrece o panorama tecnolóxico.
EDUCAGUIA
Portal educativo que
ofrece múltiples recursos estruturados en bloques. Conta con buscador propio e
permite a consulta ao texto completo de diversos documentos.
EDUCAR EN IGUALDAD
Portal desenvolto pola “Fundación
Mujeres”. Ofrece ao profesorado ferramentas e recursos pedagóxicos útiles
relativos á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, especialmente
enfocados a previr a violencia de xénero.
https://www.dropbox.com/s/wxrmjyeachncvoc/Educar%20en%20igualdad.pdf?dl=0
ESPACIO LOGOPEDICO
Iniciativa dun grupo de
profesionais da logopedia e outras disciplinas relacionadas que pretende
facilitar a búsqueda da información sobre os aspectos que interveñen nos
trastornos da linguaxe e da fala. Ofrece acceso a artículos, foros, boletín
propio e outros recursos de información.
RECURSOS EDUCATIVOS DA UVIGO
-Con este enlace podemos acceder á Biblioteca da
Uvigo:
-Para acceder á Teledocencia da Uvigo, podemos facelo con este enlace:
-Para poder traducir un texto podemos acceder a este
traductor:
-Para informarnos das innovacións que se dan na nosa
sociedade, podemos premer este link:
-Para acceder ao noso expediente podemos entrar na
Secretaría Virtual:
luns, 22 de setembro de 2014
NOVAS TECNOLOXÍAS ?
Consideramos que a materia de Novas Tecnoloxías é interesante porque é o presente e o futuro das novas xeracións.
Sendo futuras mestras de Educación Infantil, é importante coñecer e saber facer uso das TIC para transmitir os saberes incorporando aos cativos neste novo mundo dunha maneira divertida, entretida e educativa.
Por iso imos facer o noso blog máis atractivo e interactivo, para que os nenos e nenas poidan aprender xogando.
A principal traba que atopamos é que ningunha das compoñentes do noso grupo tivo un blog. Deste xeito temos que comezar de cero, algo que nos leva bastante tempo ao ter que buscar tutoriais.
Pouco a pouco imos avanzando coa expectativa de obter bos resultados.
luns, 15 de setembro de 2014
Benvidas/os a todas e a todos a este novo blog!!
O nome elexido veu
inspirado pola cercanía e representación dos cativos e cativas.
O futuro da nosa sociedade está nas
mans destes cativos e cativas que van adquirindo
os nosos mellores saberes e valores.
Somos Elena Alvarez, Yomara Rodriguez,
Sarai Lago, Patricia Alvarez e Alejandra Abreu, cinco alumnas do Grao
de Educación Infantil da Universidade de Vigo.
Este novo proxecto está destinado a
toda a comunidade educativa co fin de dar a coñecer Materiais
Complementarios para reforzar todo aquilo que van adquirindo día a
día.
Entre todas as opcións, foi escollido o proxecto de
Materiais Complementarios porque nos pareceu un tema
interesante, didáctico e un xeito de aprender divertíndose xogando, algo
imprescindible nestas idades.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)