luns, 24 de novembro de 2014

20 de novembro - Día Internacional dos cativos e cativas

Boas a todos e a todas!!

Como ben sabemos, o día 20 de novembro é o día internacional da infancia. Na nosa facultade decidimos festexalo dun xeito especial. Como pensamos que unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixamos o resultado final:





Deica logo :)

Conclusións a través dunha viñeta :)







luns, 17 de novembro de 2014

WEBQUEST

Aquí vos deixamos unha ferramenta que forma parte dun proceso de aprendizaxe guiado. Parécenos interesante para fomentar nos nenos e nenas a autonomía persoal a través da búsqueda de información.

https://sites.google.com/site/visitamososmuinos/




domingo, 9 de novembro de 2014

luns, 3 de novembro de 2014

ACTIVIDADES SOBRE A ELABORACIÓN DO PAN


Aquí vos deixamos unha serie de enlaces dunhas actividades relacionadas coa elaboración do pan. Nestas actividades atoparédevos co proceso da plantación, coa elaboración do pan, cos diferentes tipos de pan... e moitísimas máis actividades!!! Esperamos que vos gusten e que poidades aprender moito a partir delas.





  • A primeira actividade que imos a levar a cabo vai ser un fantástico conto sobre "La Gallinita Roja!" Unha oportunidade de aprender a través da PDI.




  • Na seguinte actividade tratade de colocar en orde o proceso de plantación do millo, rematando coa obtención da fariña. Esta actividade foi creada con Ardora.



  • Aquí amosamos unha fermosa fotografía da actividade previamente realizada para úsalo coas TIC e crear un puzzle creado cun programa chamado JClic.








  • Na seguinte actividade realizada coa PDI  trataremos de vestir un espantallo coa roupa adecuada. 




  • Nesta actividade realízase unha sopa de letras na que hai que atopar os ingredientes cos que se elabora o pan. Esta actividade realizouse co programa EdiLim.








  •  Na seguinte actividade se ten que descubrir o ingrediente intruso co que non se pode elaborar o pan. Esta actividade foi creada co programa Ardora.






  • Neste memory tense que unir cada carta coa súa similar, no que se representan diferentes tipos de pan entre outros tantos. Esta actividade foi creada con JClic.










  • Nesta actividade hai que relacionar cada imaxe, no que se representan os diferentes tipos de pan, coa palabra que o identifica. Esta actividade foi creada co programa EdiLim




Valoración dos blogs



O deseño e presentación do blog é sinxelo, atractivo e fácil de visualizar. Fácil acceso ás entradas e etiquetas. A linguaxe é clara e sinxela e as imaxes atractivas. Contén unha lista de música que pode axudar á relaxación dos pequenos. O cursor preséntase co debuxo dunha man, o que fai que sexa divertida a súa utilización. Está adecuado á idade tanto dos nenos e adultos pola súa sinxela presentación.




Este blog presenta un deseño sinxelo, sen imaxes demasiado chamativas, o que facilita a navegación polo mesmo. Contén moitas imaxes que facilitan o entendemento do que está a dicir en cada entrada. A música que aparece nada máis abrir o blog, axuda a que o neno sinta maior atracción pola actividade. O cursor presenta a forma dunha bolboreta e a distribución fai sinxela a utilización do blog para todas as idades. 




Neste blog parécenos adecuada a utilización dun fondo que presente as cores primarias. Quizáis a letra é un pouco pequena, pero a gran cantidade de imaxes fai atractiva  a navegación por el. Contén vídeos e música. O cursor presenta a divertida pegada dun Dálmata. En xeral, a utilización do blog é fácil e os nenos poden pasalo ben traballando con el.




A primeira impresión do blog é que ten bastante texto, pero aínda así non supón un gran problema, pois a distribución das actividades, entradas e etiquetas están situadas de maneira que o acceso non é difícil. As cores non son demasiado chamativas, pero a vez contén poucas cores pastel, algo que consideramos moi importante.