luns, 22 de setembro de 2014

NOVAS TECNOLOXÍAS ?

Consideramos que a materia de Novas Tecnoloxías é interesante porque é o presente e o futuro das novas xeracións.

Sendo futuras mestras de Educación Infantil, é importante coñecer e saber facer uso das TIC para transmitir os saberes incorporando aos cativos neste novo mundo dunha maneira divertida, entretida e educativa.

Por iso imos facer o noso blog máis atractivo e interactivo, para que os nenos e nenas poidan aprender xogando.


A principal traba que atopamos é que ningunha das compoñentes do noso grupo tivo un blog. Deste xeito temos que comezar de cero, algo que nos leva bastante tempo ao ter que buscar tutoriais.
Pouco a pouco imos avanzando coa expectativa de obter bos resultados.





luns, 15 de setembro de 2014






Benvidas/os a todas e a todos a este novo blog!!

O nome elexido veu inspirado pola cercanía e representación dos cativos e cativas.

O futuro da nosa sociedade está nas mans destes cativos e cativas que van adquirindo os nosos mellores saberes e valores.

Somos Elena Alvarez, Yomara Rodriguez, Sarai Lago, Patricia Alvarez e Alejandra Abreu, cinco alumnas do Grao de Educación Infantil da Universidade de Vigo.

Este novo proxecto está destinado a toda a comunidade educativa co fin de dar a coñecer Materiais Complementarios para reforzar todo aquilo que van adquirindo día a día.

Entre todas as opcións, foi escollido o proxecto de Materiais Complementarios porque nos pareceu un tema interesante, didáctico e un xeito de aprender divertíndose xogando, algo imprescindible nestas idades.